Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O lobo e a lúa

Premio Barriga Verde de Textos de Teatro de Monicreques 2014.

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa. Era moi importante o que lle tiña que dicir, mais como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que ouvear. Cos seus berros non deixaba durmir a ninguén: nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No Prado Azul esta noite ninguén pode durmir!

Galego

Yllana 25

2016 foi un ano moi especial para Yllana. Cumpriron 25 anos! E celebrárono como mellor saben facelo, cun novo espectáculo: Yllana 25, que foi estreado no MIM de Sueca e no FIOT de Carballo.

Un desternillante repaso sobre o escenario dos mellores momentos da traxectoria da mellor compañía de humor dos últimos; cunha selección dos mellores 25 sketches dos seus espectáculos.

Un esmendrellante show que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos gags que máis lles gustaron.

Let’s rock! Let’s Yllana!

Galego

Manar. A derradeira caravana

Manar: Sabela Hermida
Laúd: Hames Bitar
Percusión: Luís Taberna
Voces en off: Ana Abarquero, Manuela Varela e Lino Braxe
 
Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.

Galego

O faiado

Elenco: Sofia Espiñeira, Roberto Casal e Fredi Muíño

Dirección: José Luis Baños de Cos

Sinopse: Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contou na sua infancia.

Galego

Os vellos non deben namorarse

Esta é unha farsa que trata dos amores de tres vellos imprudentes, D. Saturio, D. Ramón e o señor Fuco, que teñen a desgracia de poñer os seus ollos na mocedade garrida de tres rapazas novas: Lela, Micaela e Pimpinela. Como consecuencia desa imprudencia, os tres rematan morrendo. D. Saturio, envelenado cun solimán da propia botica. D. Ramón, que por un bico entrega a alma deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que remata por casar coa namorada e morrendo de felicidade.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios da Agadic.

 

Galego

Presidente

Autor e director: José Prieto

 

Actores: Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores  deciden tomar unha iniciativa desesperada: o presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Galego

Nosa señora das nubes

Elenco: Celso Parada, Josi Lage, Mundo Villalustres, Pablo Costas.

 

Nosa Señora das Nubes, escrita por Arístides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados  nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana  Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras , o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

 

Sobre a peza

Galego

Planeta Ardora

Sinopse: Nun planeta, non moi lonxe, o espectador atopa un lugar; un verme branco atópao tamén e decide que chegou ao seu lugar. Está só. Por que aquí? Que ten este lugar? Moi bonito non é!

Un habitante, ancián, tamén atopa o lugar. El non está só, está o verme e non quere deixalo marchar. Por que? Que ten este Lugar? Algo debe de ter  porque veñen máis, uns cantos máis, todos diferentes, cada quen coa súa maneira particular de ver o mundo e ademais están dispostos a quedar, a entenderse, divertirse, convivir, a crear un fogar… A facer flores, eles saben como facelas. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios