Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

Sinopse: A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un faixe de historias por descubrir.

Elenco: Juan Rodríguez

 

Galego

Erori

Accións sinxelas e cotiás que derivan en acrobacias mediante golpes e caídas, contrastan con coreografías visuais de danza e malabar. O absurdo, o sinxelo e o universal está presente nas disparatadas rutinas de circo. Unha dramaturxia non lineal que cada espectador vivirá dunha forma única.

Elenco: Ariñe Arkue, Óscar Páez, Santiago Montero e Alejandro Costas

Galego

Fíos

Nominada aos Premios MAX 2013 por "mejor autoría teatral gallega".

Fíos é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

Puño Puñete

Puño puñete é unha peza teatral, musical e visual na que a tenrura é a protagonista, un espectáculo onde os máis pequenos da casa (1-6 anos) vivirán unha experiencia entrañable para espertar os seus cinco sentidos e terán as súas primeiras sensacións a través da oralidade, a música e os contos.

Puño puñete é unha experiencia máxica para gozar cos máis pequenos e familia, onde poderán disfrutar de preciosas cancións e divertidas historias, todo aderezado con música en directo.

Elenco: Andrea Bayer, Óscar Ferreira e Davide González

Galego

Afiando con humor

Sergio Pazos estrea unha nova proposta na que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: O Afiador.
Quén sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por él? Ourense é coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores.
Os afiadores galegos sempre viaxaron polo mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban. Sergio Pazos métese na pel dun deles para contarlle a xente quen son, de onde veñen e a onde van os afiadores.

Galego

Rosa Cedrón

Despois dun longo silencio trala publicación de "Entre dous mares", Rosa retorna con "Nada que perder”.

Nel experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmósfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear.

Galego

Estás aí?

Elenco artístico: Xulio Abonjo e Isabel Risco

Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos.

O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza abarrotan o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa  presenza dun home invisible. Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boa maneira a chegada da nova parella.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios