Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Senior

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Galego

A alfombra máxica

A alfombra máxica é un prelibro onde a artista plástica Mirari Urruzola convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver... Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo.

Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Galego

Matrioskas

Elenco: Marta Ortiz e Sofia Espiñeira

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

 

Todas feitas da mesma madeira.

Todas vestidas de cores.

Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

 

Galego

Unhas gafas para o avó

Laura é unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ó seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos dende a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de tódalas aventuras.

Galego

Lila Star

Lila Star é unha artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixonada da purpurina e obsesionada coa cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do clube de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, case case, de Pink Floyd.

 Espectáculo de Beatriz Rubio distribuído por Pistacatro Produtora de Soños
 

Galego

Concerto singular

Elenco artístico: Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Rosal e Pablo Cabanelas

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Galego

O cinematomago

Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Galego

El tesoro de Barracuda

Nesta tarde de teatro, que tal un  paseíño en barco? E unha historia de piratas?

Esta historia é a do capitán  Barracuda e os seus piratas, de illas remotas, de tesouros que son libros e de libros que son un tesouro. Viaxaremos polo Caribe, atravesaremos tormentas, enfrontarémonos a  truáns, bailaremos en festas e durmiremos baixo as estrelas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios