Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Up 2 Down

Up 2 Down é un espectáculo de danza-circo, xesto e poesía visual. Unha historia composta por dúas bailarinas, dous cables de funambulismo, dirixidas por un pallaso.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

 

Galego

Tripula

Sinopse: Unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación. Dous científicos iluminados descubriron unha nova maneira de viaxar e  preséntano a un grupo de pasaxeiros. Despois de moito traballo e esforzo atrévense a amosar a súa gran revolución nos medios de transportes: O globo estático.

Premio Feten 2016 ao mellor espectáculo para espazos non convencionais.

Galego

Tita

TITA é unha montaxe de teatro de títeres e actrices sobre a intelixencia emocional e a súa importancia na infancia. TITA amósanos a dificultade de xestionar as nosas emocións co obxectivo de enfrontalas cara a cara para gozar de harmonía emocional. SINOPSE: TITA é unha nena de oito anos moi espelida que ten que enfrontarse a distintas emocións na súa vida cotiá. Na convivencia coa súa querida nai, na escola co seu novo amigo Lucas, TITA vive momentos de gran ledicia pero tamén de fonda tristura, intres de medos aterradores e fortes enfados.

Galego

Unhas poucas picadelas

Ficha artística:
Autoría: Laila Ripoll
Dirección: Etelvino Vázquez
Tradución: Xosé Manuel Pazos
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Salvador del Río
Son: Anxo Graña
Vestiario: Julia Abal e Sonia Rúa
Música: Anxo Graña
Elenco: Casilda Alfaro, Machi Salgado
e Pepa Barreiro

Galego

STRPTS// episodio 1: Mirlo & Rula

Elenco: Helena Varela e Xosel Díez

Un home sixiloso (Merlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e impregnado de corrupción política.

Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viches

Intriga, corrupción, asasinatos... e unha fuxida inesperada.

· cine en vivo · performance · marionetas · obxectos · sombras ·

· proxección de video · imaxe, son e música en directo

Galego

SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nun idiota

• SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móviles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móvil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen estar aferradas ao celular.

Galego

Sirenita

Dúas actrices escenifican con botellitas de augas, palanganas, esponxas e outros obxectos unha suxestiva adaptación do conto de Hans Christian Andersen. Unha versión onde a sirenita non terá que renunciar á súa natureza nin ao seu don máis prezado, a súa voz, para deixarse levar pola marea do amor.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios