Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un feixe de historias por descubrir.

Espectáculo dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 

Galego

Presidente

Autor e director: José Prieto

Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores  deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Galego

Pepo Suevos

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos. Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Galego

Penev

Penev é unha obra sobre persoas de segunda man, usadas, cansas. Un álbum de cromos sen terminar é como quedar segundo. Un pensa que o vai a conseguir pero non é así.

En Penev fálase do pasado idolatradado, dun guateque, dos Spotniks, de Fraçoise Hardy, dunha beirarrúa, de Penev, de Arias, de Belodedici... Fálase de fútbol e de teatro. 

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Pavillón Lino

Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista dedicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cinema, baile, monicreques, cómicos, autómatas...

Unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha chea de pintorescas personaxes, e cunha coidada posta en escena.

 

Galego

Pasional Tango

Espectáculo de Tango, formado por Piano e 2 voces + Parella de Baile. 

O repertorio é un percorrido polos tangos máis coñecidos e aqueloutros que non alcanzando tal gado de difusión, resultan de obrigada cita. Unha viaxe, desde o máis profundo de Buenos Aires, ao corazón do espectador.

Galego

Panamericana

Ficha artística:
Creado e interpretado por Areta Bolado,
Noelia Castro, Ailén Kendelman
Idea orixinal e texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Construción de monicreque: Iria Roibás Esteve
Iluminación: Montse Piñeiro
Deseño vestiario: Uxía P. Vaello
Confección: Vaello
Imaxe gráfica: Noelia Castro
Fotografía: Pilar Abades
Vídeo: Pilar Abades e Illa Bufarda
Asesoría en movemento: Laia Oliveras
Asesoría en manipulación de monicreque: Alba Grande

Galego

Oskara

Da Compañía Vasca Kukai Dantza

Mitos, tradicións, símbolos, desde a súa origen ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e a vangarda.

Galego

Os soños na gaiola

Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios