Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O conto da Azuzaina

Sinopse: Cando nos din árbore cada un imaxina unha cousa. Imaxinas una palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro. Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión.

 

Galego

Que morro!!!

A morte deixa de ser unha inquedanza, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo, Caxoto contacontos, fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura.
Durante 60 minutos póense deixar os malos agoiros a un lado para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descubre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".

Galego

O bigote de Mimí

Unha proposta escénica na que músicos e monicreques se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen sofre as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.

Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

Galego

Normas para saber vivir nunha sociedade moderna

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade. O autor contemporáneo máis representado en Francia escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias).

Galego

Noiteboa

Ficha artística:
Autoría: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Alex Sampayo
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
Elenco: Mela Casal, Ernesto Chao
e Guillermo Carbajo

Galego

Nadal máxico

Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia.

Un espectáculo estructurado en formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena.

Cada un dos magos amosará o mellor do seu repertorio. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin.

 

Galego

Múltiple

MÚLTIPLE é o novo espectáculo de Antón Coucheiro, un solo de impro onde o protagonista se desdobran e dialoga cos seus alter egos. Somos só unha persoa, ou a nosa personalidade está habitada por múltiples personaxes? 

A través dunha terapia de soños, e das propostas do público, iranse desfiando as historias improvisadas onde os espectadores descubrirán que nun só corpo caben millóns de universos.

 

Un espectáculo cómico, participativo, improvisado e con música en directo, que foi estreado en Bogotá en xuño do 2015 no marco do festival TIMBO.

 

Galego

Monólogo do imbécil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”.

Galego

Moendo muiñeiras

Moendo muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se mesturan a partes iguais teatro, baile e música. Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.

 

Galego

Moby Dick

Espectáculo pensado para todos os públicos a partir de 6 anos, no que se pretende  atisbar a inmensidade desta obra mestra da literatura universal. Todo o universo de Moby Dick materializarase na mente do espectádor grazas á utilización dos elementos escénicos, o ritmo, o humor, a música, o traballo dos actores e, sobre todo, as palabras de Melville.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios