Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os contos de Joselín

José Rodríguez de Vicente, Joselín, é o protagonista dun dos primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954), un xograr, en palabras de Paz-Andrade, que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. Tres oradores de renome recrean en palco Os contos de Joselín e asociaranos aos seus propios contos.

Dirección artística: Quico Cadaval

Duración: 90 min

Galego

O último dragón

O dragón deste espectáculo non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie.

Baixo unha estrutura clásica, relendo e inspirándose en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, constrúese unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros, a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.

 

Autora e directora: Fina Calleja

Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo  

Galego

O tolleito de Inishmaan

Santi Romay

Susana Dans

Ana Santos

Evaristo Calvo

Melania Cruz

Marcos Pereiro

Toni Salgado

Ricardo de Barreiro

 

Sinopse: Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxescuriosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos 

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

O secuestro da bibliotecaria

O Consello Municipal está reunido para determiñar se o pago do rescate da bibliotecaria municipal debería figurar como gasto de persoal ou como un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica ainda máis as cousas: poucas persoas quedan ben con granos na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. O inxenio e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.

Galego

O mundo máxico de Pinocho

Sinopse: Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Geppeto. El é un home con idade dabondo para ser avó pero que nunca tivo fillos. Un bo día chegou ás súas mans un anaco de madeira moi, moi especial, e con todo o seu cariño traballouno ata convertilo nun fermoso boneco, Pinocho.  Geppeto soñaba con que Pinocho cobrara vida. Tan forte e sinceiro era o seu desexo que esa mesma noite a Fada Mimadriña presentouse na súa casa para encher de vida ao boneco e cumplir así o soño de Geppeto.

Galego

O lobo e a lúa

O lobo e a lúa conta a historia dun lobo que chama pola lúa, ten que falar con ela, ten algo moi importante que dicirlle, pero a  lúa está moi alta e non lle escoita. Pequeno lobo fará o imposible para falar coa lúa.

O lobo e a lúa é un espectáculo tenro, acolledor e divertido, pensado para nenos/as a partir de 3 anos, cunha duración de 45 minutos.

O lobo e a lúa é Premio Barriga Verde.

Elenco: José M. Esperante e Cora Sayers

 

 

 

 

Galego

O libro máxico

Esta historia comeza cun libro "Máxico" e Xigante do que saen persoaxes fantáticas que traerán historias para contar, cantar e sorprender.
Espectáculo educativo con grandes dosis de humor e diversión.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

 

Galego

O Lazariño de Tormes

Autor: anónimo

Dirección: Celso Parada e Andrés Pazos

Elenco: Celso Parada

A vida de Lazariño de Tormes e das súas fortunas e adversidades non ten autor coñecido. O que se sabe é que foi publicado en 1554. Había 62 anos da descuberta de América e o ouro chegaba a España, pero os banqueiros alemáns tiraban a “parte do león”. A inflación trouxo pobreza e aparecen os fidalgos miserables, coma o que se mostra nesta obra. E aí está a neno famento do relato que só pensa en comer e ter un teito.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios