Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Odaiko

Divertida proposta didáctica dirixida a un público familiar no que a complicidade co público é a ferramenta para que o espectador disfrute dunha maxistral clase de enxeño.

Odaiko amosa instrumentos super novidosos e virtuosas composicións feitas por eles mesmos e que, xunto cunha sorprendente posta en escena e o humor retranqueiro, fan deste espectáculo outro éxito asegurado.

Actuación dentro da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Foucellas

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco:Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

 

Galego

Ración de Breogán

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! é coñécido en media Galicia.

Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Como humorista, Federico Pérez é autor do monólogo Ración de Breogán, onde interpreta a un sorprendente Breogán, que nun rexistro cómico conta como fundou Galicia.

Galego

Ensaio sobre a cegueira

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Galego

Cuando Perdí la cabeza

Cando perdín a cabeza tenta responder as preguntas: Como chegamos a esta situación? Con esta actitude imos polo camiño correcto? Que foi o que creou este mal estado de ánimo xeral? estarémonos a volver tolos e a humanidade xa non é tan humana?... Seguimos sen atopar o sentido a este novo rumbo que ha tomando a vida.  Ante a falta de respostas, damos a cabeza por perdida e o único que se nos ocorreu foi contárvolo da única maneira que sabemos; desde a ironía e o humor.
Así que se é do seu agrado, pasen? pasen? estamos desexosos de compartir con todos vostedes estas? risas?

Galego

Contos para un Caldiño

Andrea Ea Ea Ea é quen de facer un caldo atípico. Este caldo precisa de ingredientes moi especiais. O primeiro ingrediente son orellas, orellas que escoiten; outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con bonitas cantigas.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios