Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea

Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. Todo isto e moito máis en "Contos dun rapaz de aldea".

Galego

Chefs

Elenco: 

César Maroto

Susana Cortés

Rubén Hernández

Carlos Álvarez “Jano

Chefs é unha mirada divertida sobre o fascinante mundo da gastronomía. A historia céntrase nun chef de gran prestixio que perdeu a inspiración e que ten que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa e así manter as estrelas do seu restaurante. 

Galego

Carapuchiña Vermella

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

Galego

Carapuchiña no faiado

Lora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral... en cada recuncho espéranlle moitas sorpresas. Cando no ver baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo..

Historias de sempre que pasan de xeración en xeración e as veces convírtense en algo único e irrepetible...

Esta programación pode sufrir modificacións.

Galego

Concerto de Best Boy

Best boy  é o resultado de anos de acumulación de experiencias e vivencias: desde proxectos musicais case improvisados acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs de moda ; sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.
 
Influencias ? pois  todas : desde o blue grass ao funk máis clásico , desde o soul da motown ata o rock sureño, o pop, o jazz 
 

Galego

Ale-hop

O desexo de bailar está nalgun lugar da nosa mente, coma os soños. Que é realidade e que é ficción?

Ale-hop é un espectáculo de danza moderna, hip hop e teatro no que os soños se fan realidade e a realidade se fai soño. 

Esta programación pode sufrir modicacións. Confirmar datas e horarios nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

A nova historia da cigarra e a formiga

Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.

Pero hoxe imos a contarlles A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga a que empezou unha noite de tormenta que fixo que todo cambiara ...

Cambiou a vida da formiga que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro e de paso, coida as flores, pero tamén canta as cancións que inventa no seu tempo libre ...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios