Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A nena que quería navegar

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

A maleta de Don Attilio

Sinopse: O circo de Don Attilio chega á vila! A pista xa está montada na praza... O público agarda expectante a que comece o espectáculo... Cando... Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto! Pero estes amores son imposibles, "onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?" dirán todos. Pero, ao final, o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar os namorados.

 

Galego

A Frauta Máxica no Maxín

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart para crear unha obra a modo de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera e introducen un personaxe real que recorda a un Mozart actual que, ó mesmo tempo que é o narrador da historia representada cos monicreques, achega ao espectador ó proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música ...

Galego

A fotógrafa

Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.

Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.

Galego

O baúl do mago

O espectáculo desénvolvese no interior dunha caravana reconvertida nun teatro, pero non nun teatro calquera, probablemente, o máis pequeno do mundo!

Espectáculo de maxia dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Get Back

Texto de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira.

Elenco: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Miguel Guido, Tamara Canosa e Federico Pérez

Galego

Projecto Nú

Dende que se coñeceron na gala de entrega de premios do III Festival Primavera de Cine en Vigo, os compoñentes do Trío Caspervek (Brais González, Blas Castañer e Eduard Vecbasticks) seguiron moi de preto a Nelson Quinteiro ata integrarse definitivamente entre os músicos dos directos do disco "Orquesta Gharbo!" que o cangués deu en ofrecer ao longo de diferentes puntos da xeografía galega.

 

Galego

Uxía lambona e a banda molona

 Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e eu cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios