Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Menú da noite

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmoquin para sachar como é debido.
E ata cociñan caldo en directo.
Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway.
Cos sachos, claro.
E bailan (?) claqué e todo.
Animación incluída.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.

Galego

Unha viaxe polo mundo

Conta a historia de como As Maimiñas deciden ir unha tarde de paseo. Sen darse conta, seguindo unhas cunchas amarelas que atopan no camiño, andando, andando, andando, chegan a distintos países. En cada un deles amósanse cancións e danzas típicas (creadas por nós). Aproveitamos para “disfrazarnos” coa roupa ou complementos que caracterizan cada un dos países visitados.

Galego

Danza da choiva

Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres

Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios dirixido a un público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

 

Galego

Gallaecia Big Band & The Lollipops

 Homenaxe ao trio vocal "Andrew Sisters".
 
Elas especializáronse sobre todo no swing, o boogie-woogie, e novos hits co seu selo 
persoal: rápidas síncopas vocais. 
Tamén fixeron grandes hits de jazz, baladas, folk, e música relixiosa.
 
Como naquela epoca, a través de temas como "In A Mellow Tone", "Lil' Darling", "Hit That Jive" etc., Gallaecia Big Band acompaña ao trío vocal feminino "The Lollipops", as cales harmonizan a tres voces calquera tipo de melodía.

Galego

Los tres cerditos

O conto comeza cun lobo feroz, encerrado no zoo . Está triste e seu soño acaba por ser un pesadelo .
 Rompe as barras da súa gaiola e pronto consegue escapar.

Elenco:

Sabela Amado Rojo

Plamev Dipchikov

 

 

Galego

O meu avó é mago

Neste novo espectáculo, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio.

Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

Galego

Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sin límites para medrar sen  "medidas".

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora, Teatro do Ghazafelhos leva a cabo un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

Galego

Acuario

Elenco:

María Canosa - poeta e actriz

Pepablo Patiño - actor e manipulador

Montse Piñón - actriz e manipuladora

Jorge Casas - actor e manipulador.

Galego

La vida pasa volando

Víctor Grande presenta La vida pasa volando, un espectáculo de monólogos de humor e cancións satíricas na que o cómico fala das súas experiencias vitais axudado pola súa guitarra e a interacción co público.

Humor intelixente, monólogos, parodias de cancións coñecidas e outras de colleita propia. Dende os problemas que teñen os nenos pequenos para facerlle caso aos seus pais ata as novas tecnoloxías, pasando pola comparación entre Galicia e Estados Unidos. Estes son só algúns dos temas dos que se fala neste show fresco e cheo de retranca.

Galego

Brinca Vai! (de aquí a acolá)

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

 

O músico e actor Paco Nogueiras vai nos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios