Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Adictos

Adictos somos todos...

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata qué punto estamos sometidos pola tecnoloxía? Somos realmente libres? Qué tipo de sociedade construímos? Qué panorama exponnos o futuro máis próximo? Realmente merecémonos o cualificativo de "seres humanos"?

Galego

The Best Magic Trick in the World

Cal é o mellor truco de maxia do mundo? Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico. Adaptado ás idades e ao seu nivel para asegurar unha experiencia máxica, divertida e educativa.

Galego

LOOP

Que queda tras os aplausos dunha función, xusto cando o pano cae? Que queda tras unha función e tan só unha "luz de traballo" ilumina o espazo? Quen recolle e ordena e limpa o escenario? Como é un escenario baleiro? Que sucede entón? Loop é un escenario como un lenzo en branco. Teatro dentro do Teatro. Danza dentro da Danza. Marca de "fábrica" de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a Loop nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira Loop.

Galego

Hamelin

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.

Galego

Sexpiertos

Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou fai tres anos, pero viaxando ao pasado, viviremos no presente o que nos veñan a contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo algún as súas vivencias afectivo sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións.

Galego

Cómo hemos llegado hasta aquí

Cómo hemos llegado hasta aquí é un título que oscila entre o talk show, a autoficción, o panfleto político e a análise social e a viaxe do heroe mitológico clásico, que contén desafíos e emocións universais, só que, aquí, o heroe é unha bollera de Plasencia obsesionada coa súa nai, que cumpriu corenta (ou máis) sumida na precariedade. A dramaturxia é o resultado dun proceso de investigación con distintas fases e que tamén se nutre da propia experiencia das tres artistas involucradas no proxecto.

Galego

Códice K

Un día de verán, entre o 30 de xuño e o 5 de xullo de 2011, o Códice Calixtino, un libro datado no século XII e de gran valía artística, histórica e económica, é roubado do seu lugar de exhibición no museo da Catedral de Santiago. A partir deste momento, e ata aproximadamente un ano despois que foi recuperado, a peripecia puido ser seguida polas puntuais informacións que ían aparecendo nos diferentes medios de comunicación. Finalmente puidemos saber que Manuel Castiñeiras, electricista e xefe de mantemento da catedral, fora o autor do roubo. E punto. Ata aquí a historia oficial.

Galego

BÚHO

Pablo, un antropólogo forense especializado en yacimientos paleolíticos sufre un ictus que le provoca una amnesia severa. Asistimos a una búsqueda interior por su memoria para recuperar sus recuerdos, en definitiva, su identidad.

Galego

VOX POPULI

VOX POPULI é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música e letras orixináis, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos.

VOX POPULI fala do auxe da ultra dereita en todo o mundo na época actual e que toca unha grande cantidade de temas relacionados con este fenómeno, tales como a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios