Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Apren-Deimi

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo ....

 

Galego

A Lingua das Bolboretas

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Galego

A gran viaxe

A capitana Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio o elemento necesareo para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase…
Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

Galego

A familia unida

Unha oferta laboral, unha colocación para sempre para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa: Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festiva á responsabilidade e seriedade das circunstancias. A través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e mesmo a morte.

Galego

A árbore vermella

Dirección: Gustavo del Río

Elenco: Gustavo del Río e Alumudena del Río

Martín non encontra máis recurso que pedir nas rúas. Martina, a súa filla non entende o que pasa, sofre a vida do seu pai e éntranlle os medos, a tristeza e a desolación. Martín non sabe que facer, espera unha chamada, algo que cambie o rumbo dos acontecementos. Cando todo parece que non ten solución, unha árbore vermella aparece na vida de ambos.

 

 

Galego

Canta miña pedra, canta

Canta miña pedra, canta é o traballo polo que Xoán Curiel é Finalista (Mellor Artista) nos PREMIOS OPINIÓN DA MÚSICA DE RAÍZ 2020. (*Ainda por fallar en Novembro do 2020)

Xoán Curiel elabora unha proposta musical tradicional en torno ás cantigas populares en gran medida recollidas por Antonio Fraguas e musicadas e actualizadas por Xoán Curiel conservando o espíritu do folk tradicional e universal.

Rodéase neste disco de músicos recoñecidos da música tradicional como:

- Carlos Freire (Percusións tradicionais e batería)

- Jara Ortiz (Pandeireta e voz)

Galego

Concerto con Fusión

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios