Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Concerto PunkInfantil

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos vos públicos

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Galego

Mr. Cool en concerto

Percorrido musical polos clásicos do vocal/jazz: Sinatra, Nina Simone, Jobim … Tamén adéntrase nos boleros e no repertorio clásico do gypsy jazz manouche dos tempos do seu creador Django Reinhardt nun espectáculo a guitarra sola acompañado pola sua voz.

 

Galego

Baila un vestido verde

Baila un vestido verde é un espectáculo interactivo de danza que xoga e convida a xogar ao espectador.

O corpo, a danza e o xesto son os códigos que se manexan para establecer un diálogo constante co público.

“O vestido verde” é o punto de encontro inicial que activa a interacción entre os presentes.

Baila un vestido verde é un espectáculo de danza simpática.

Galego

Velliñas

Velliñas é unha a tenra historia de Ramona, Filomena e Anabel, tres velliñas que día a día -ás seis en punto da tarde- se achegan á praza da vila para facer compañía as pombas. Pero un bo día, algo novo distrae a súa rutina: unha cuncha de vieira!

Galego

O Folión do Zampón

Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.

Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo. 

Galego

Pepe Vaamonde Trío

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios