Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Gran gala de Circo: Ruactiva

Ruactiva é un novidoso e aberto formato de Gala de Circo e Humor donde están presentes as mellores compañías do momento.

A Gala de Circo consta de varios elementos:
- Banda de Música ao Vivo.
- Compañía de Acrobacias aéreas: trapecio, corda, telas ...
- Compañía de clown ou maxia.
- Compañía de teatro de rúa e humor.
- Presentador/a

En resumo, hora e media de circo, maxia, malabares, música e moito humor cunha escolma das mellores compañías do teatro e circo galegos.
 

Galego

Estrafalaria

Sinopse: Alicia collera por costume, escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Henry, daráselle por beliscar nos libros, como si non houbera mañá. A avoa e papá dicían que os meus amigos eran raros. Mais eu sempre pensei que iso de ser raro é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?

Interpretación: Atenea García

 

Galego

Enmaxiarte

Enmaxiarte é un dos espectáculos revelación no mundo da maxia, da man do xoven Dani Polo, finalista do programa “Pura Magia” de TVE, chega un show completamente novidoso, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel.

Un espectáculo para toda a familia onde se mesturan diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto!

Sen dúbida un plan perfecto para ilusionarse e viaxar polas diferentes ramas da arte da maxia.

DANI POLO

Premio Ali Bongo Francia 2018 a xoven mago revelación.

Galego

Dous no camiño

Dirixida por Avelino González, a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, Dous no Camiño foi creada especificamente para a programación do Xacobeo  Vive o Camiño 2017.

Galego

Curva España

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Galego

Chicas y chicos

Ela é divertida e audaz. Unha muller que podería ser calquera. Cun marido, unha filla pequena que se pasa o día construíndo cousas e un fillo menor que as destrúe. Enfrontouse aos teitos de cristal, a un traballo ao que non estaba destinada, á conciliación, a sentirse mala nai e ás pequenas derrotas e vitorias da vida de calquera muller.

Pero as cousas non son como parecen. E iso vai cambialo todo. Para sempre.

Lucía Miranda dirixe a Antonia Paso neste unipersoal do multipremiado Dennis Kelly.

Galego

Cachopo máxico

Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar algo perdido entre as brétemas do esquezemento, se pode divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fumo pola súa torta cheminea.
Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que coma eles non hai outros. Son a familia Palpatore.

Galego

Bo Lyric Nadal

O recital "Bo Lyric Nadal" é unha proposta musical especialmente pensada para meternos de cheo no espírito do Nadal,  empregando para elo algunha das páxinas máis recoñecibles da música relixiosa desde o Barroco ata a época contemporánea.

Galego

Bernarda

Elenco: Luisa Merelas, Celia González e Sabela Arán.

Sinopse:

“BERNARDA” recolle o punto de partida de “La casa de Bernarda Alba”, escrita por Lorca en 1936, é dicir, unha muller que queda viúva con fillas mozas e decreta un rigoroso loito, pero traslada a acción a unha vila de Galicia case corenta anos máis tarde, en 1975, nun momento clave da nosa historia recente, no que as ansias de cambios chocan coas tradicións máis arraigadas, como é neste caso, o loito.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios