Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pínconús

Pínconús (Unha comedia musical para toda a familia) Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha billeteira que ven e que vai…

Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ao que todos queren ir pero que moi pouca xente se atreve. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar.

Elenco: Ana Carreira, Carlos Coira, Marga Portomeñe e Carlos Rebolo.

Galego

Chungo Ke Te Cagas

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Gañador do Premio do Público do Mundoclown 2008 e recentes xiras por Canarias, Madrid, Brasil, Portugal, Palestina, Cataluña, Asturias, ....

Galego

Paio e o poder da música

Despois do suceso de "As Andanzas de Paio" e "Vaioviravai", a compañía viguesa presenta "PAIO E O PODER DA MÚSICA", o novo espactáculo do teixugo mais querido polas nenas e nenos de Galicia. 

A tripulación da nave soñadora, comandada por Roni, Kiki e Chamuco, afronta o emocionante reto de conseguir que o seu amigo (Oso Aurelio), recupere a súa cabeciña nunha trama chea de música, cor e divertidísimas coreografías.

Galego

Os nenos da varíola

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Galego

Onde viven os monstros

Onde viven os monstros baséase na obra homónima de Maurice Sendak, escritor estadounidense de orixe polaca. Un fiel retrato da infancia: Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.

Galego

O mozo da última fila

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase faíselle máis insorportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato  por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea.

Galego

Nós. A historia de Galicia

Un grupo de nómades primitivos chegan ao fin da terra coñecida, un lugar verde onde non para de chover, e por algunha misteriosa razón, deciden deixar de ser nómades e quedarse a vivir alí.

E dende aquel día ata hoxe, NÓS repasa a historia de Galicia relatando cronoloxicamente todas as etapas polas que fomos pasando.

Galego

Microspectivas dun marica millennial

Elenco: Davide González

Incendiaria é unha plataforma artística nacida en 2014 e composta por Davide González e Vanesa Sotelo, que fundamenta o seu traballo na investigación e na creación escénica contemporánea. 

No 2018, Incendiaria estrea a súa primeira montaxe profesional, Eila, coa que forma parte da programación do Festival Vigo en Bruto 2018 impulsado polo Teatro Ensalle. Esta é unha montaxe que ten como punto de partida unha serie de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González.

Galego

Médula

Falamos de volver a nós, de sentirnos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida a nos mover entre susurros, mais sen medo de nos enfrontar co que non queremos.

Seguimos os nosos instintos, ouveamos para recoñecérmonos e uliscamos a mesma pegada para seguir o camiño desexado.

Somos elas e elas nós.

Interpretación: Alba Fernández e Ana Beatriz Pérez

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios