Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Margarita

Unha muller monologa mentres fai limpeza de cute. Interacciona co público e conta, conta a vida para que o público entenda o seu caso...

Elenco: Sonia Barros

Galego

Lixo

Sempre a correr chegan Plié e Relevé ó teatro para mostrar a súa coregrafía.

O público xa está preparado para ver a función, a música comeza a soar ... Sorpresa! a súa escenografía non está no escenario.

En troques desta atopan unha montaña de plásticos.

"E quen foi a que fixo

esta montaña de lixo?"

Estará a súa estrutura

debaixo de tanta varredura?

Farán un epectáculo fantástico

a partires de todo este plástico?"

Elenco: Soraya Paradela e Anna Cañadillas

Galego

Lambetadas

Un espectáculo destinado a público infantil para a transmisión da cultura galega.

Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto.

Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.

Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua a modiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.

Elenco: María Ordóñez e Diego Rey

Galego

Jon Braun

No noso poboado indio reina a alegría. Un día as vidas de Jon Braun e a súa irmá Malintxe sepáranse. A valente irmá é capturada; pero ela nunca se esquecerá de Jon Braun e as súas orixes.

            O pequeno indio decidirá ir buscar á súa irmá.

            Unha emocionante historia que conta como o amor pode vencer á adversidade.

 Elenco:  Miren Larrea e Valentina Raposo

Galego

Jauría

Dramaturxia a partir da transcrición do xuízo realizado á Manada, construída con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante.

Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e victimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo da nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.

Galego

The Show Moscón

The Show Moscón é un circo ambulante de varietés, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un maravilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior.

Galego

Sin Título 97/17

SEN TITULO é un dúo creado en 1997 a partir da invitación do grupo Artistes Face au SIDA, para participar nunha gala na Sala Patiño en Xenebra, nunha época durante a cal as asociacións de loita contra a enfermidade comezaban a facerse visibles na paisaxe europea.

Galego

Segundo Caviloso

Segundo Caviloso é especialista en artes marciais.

Dende a súa máis tenra infancia sentíuse atraído polos números e non pode deixar de contalo todo. A máxima na vida e Segundo é resolver grandes enigmas coma pode ser calcular as raíces cadradas das prantas que se atopan fóra de macetas.

Segundo pasa os minutos e as horas coma verdadeiramente lle gusta, cavilando. Iso significa que mentres reflexiona profunda e minuciosamente sobre os seus asuntos é capaz de voar entre ecuacións e fórmulas imaxinarias con solucións improbables.

Galego

Mestiza

O punto de partida da obra constitúeo unha curiosa entrevista entre dous peculiares personaxes: Tirso de Molina, que con 19 anos atópase nos comezos da súa carreira dramatúrgica, e a xa anciá Francisca Pizarro Yupanqui, primeira mestiza do Perú, filla de Francisco Pizarro e da princesa inca Quispe Sisa, que vive como dama española no Madrid de finais do século XVI. Co pretexto da escritura dunha futura Triloxía dos Pizarro, Tirso trata de convencer a Dona Francisca, que leva un ano recluída no seu estraño xardín, de que dea renda solta aos seus recordos e experiencias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios