Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tabú

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Elenco: Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido

Galego

Teatro invisible

Como muller de teatro, que leu e releu aos teóricos - incluídos conceptuais, dogmáticos e intransixentes - decidín asumir a fatalidade e o encadeamento de sucesos como o elemento substancial dos meus actos pasados e presentes e concluín en verificar o sensentido de manuais e doutrinas á hora de comprender o funcionamento das cousas en xeral e das persoas en particular.

Galego

Soma

SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria grieta e abismo. Un saír do rito.

Instalación e performance que bailarín, escultor e iluminador comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e difuminando roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.

Galego

Sintempo

SinTempo, segundo traballo de Sara Cano, é un só de danza no que a coreógrafa busca crear un espazo escénico propio no que poder desenvolver unha danza anacrónica, feita de pasados, presentes e futuros, unha danza sen tempo... simplemente persoal. SinTempo busca poder falar do paso do tempo, do pasado, o presente, o atemporal, o rápido, o lento, o estático, o que permanece e o que se vai e, en definitiva, das sensacións e reaccións que todo isto produce na creadora neste momento presente que vive o seu corpo e a súa conciencia. 

Galego

Ser e terra

SER E TERRA . Un estilo de danza que  molla o aire. Velaí outra fecunda realidade artística que chega dende Galicia -absolutamente nova- con raices tan fondas como o propio océano.

  Dicímolo con orgullo. Nos últimos anos os galegos non deixamos de sorprender pola nosa creatividade. Coa Democracia xurdíu a primeira xeración que tivo oportunidade de formarse ben na cultura galega e na cultura universal. Aqueles rapaces regálannos agora unha arte plena, cargada co poder desta Fisterra, e, ao tempo, capaz de emocionar a calquera ser humano.                                           

Galego

Rosalía

O espectáculo trasládanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.

María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.

Galego

Pyka

Helena Varela recompón a historia da súa avoa Angelines, figura repudiada na súa familia, mais tamén enigmática. Pide axuda aos seus sete irmáns, que lle dan cadansúa versión.

Nunha viaxe a Londres Helena visita o psiquiátrico onde traballara a súa avoa durante moito tempo. Alí lle falan da existencia dunha película desaparecida que abrirá novos interrogantes sobre a vida da avóa

Angelines e a súa relación cunha misteriosa muller chamada “a vasca”.

Galego

Pulso

Spoken-Word-Spoken-War.

Cando a ameaza da bomba atómica inspira a Neal Cassady a fusionar seus propios átomos, e Christine Jorgesen troca o corpo dos Marines por unha vaxina transexual, o Dharma da guerra dos sexos maniféstase en Rock Hudson e Doris Day a través de Gila e Mari Carmen y sus muñecos. Xa o Donald Trans, urde na sombra un plano reptiliano que nen o Super man - ese E.T- encomendado aos Upanishads parece poder paliar. Urxe auxda B-UFA.

Elenco: Paula Sanmartín

Galego

Prostitución

O noso espectáculo baséase nun proceso de exploración sobre a prostitución. Un tema que nos fai expoñernos a moitas preguntas, e en diferentes planos, sobre a nosa visión como cidadáns, como seres humanos e como artistas coa vontade de reflectir a nosa sociedade. E farémolo dando voz aos seus protagonistas, ás prostitutas. Falamos con elas, entramos nos seus clubs, acompañámolas nas súas rúas. Trátase dunha investigación documental da que beberá un grupo de artistas/actrices, co propósito de comprender esta realidade e facela obra de teatro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios