Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contos con Roque

Andrea enche a súa maleta de contos e de outros obxectos para subirse ao tren co seu amigo Roque.

Roque é a primeira vez que vai viaxar en tren e está moi nervioso, Andrea intentará facerlle a viaxe máis agradable, e mentres agarda por él irá ensaiando os contos que lle vai contar.

Manipuladores: Óscar Ferreira e Andrea Bayer

Galego

Voces de muller

A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse.

BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancions nacen, escríbense e interprétanse, dunha forma profundamente íntima agasallándonos cunha viaxe polas melodías do Soul.

Unha experiencia para a alma.

Galego

Electro-Tras-Nós

Cando chega algo novo, sempre está ben ler o manual de instrucións: Colla ao Springsteen galego ou póñalle unha guitarra eléctrica ao Suso Vaamonde. Xúnteo co guitarrista de Bon Jovi e os maquinillos dun tipo sacado dos Prodigy. Engada xenerosamente bases e arranxos elaborados artesanalmente polo Xaponés Carmiña, músico total onde os haxa. O resultado é o novo proxecto de Roberto Sobrado grupo, Electro-Tras-Nós.

Galego

AparvaOlimpiadas

Un amago de atleta polipatético se verá involucrado en multitude de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura remata sendo un desastre, tenta acadar o éxito nos deportes máis coñecidose o único que logra é o fracaso máis absoluto.

Logrará acadar a ansiada medalla?

Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para rematar coa vitoria máis ridícula xamáis vista na historia.

Galego

Ritmo Refugallo

A animación, o clown e a música toman as rúas con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de grandes músicos e actores con experiencia en compañías e grupos como Odaiko, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Tres Trebóns... Coa dirección de Fran Rei, esta mestura de clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público crean un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Galego

Titanic

TITANIC é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show de Cayetano Lledó para público familiar.

O espectáculo narra os preliminares e a viaxe do barco, que aínda que a historia oficial non o recolle, fixo escala en Galicia.

Os espectadores serán pasaxeiros dunha viaxe de 70 minutos, chea de incidentes, sorpresas e situacións inesperadas.

Galego

¿Y ahora qué?

A eterna pregunta que nos facemos tódalas persoas algunha vez ... Unha casa, 910 metros de corda e catro mulleres, cada unha nun momento vital distinto.

Paula, de volátil personalidade; Susana, cadriculada ata a loucura e, Eva, desesperada por ter un bebé. Elas tres conviven con Magda, unha pintora de maior idade, da que a súa experiencia serviralles as outras compañeiras de gran utilidade.

Con esta mestura, ¡todo pode pasar!

Humor surrealista, con un toque poético e esperanzador.

Galego

Xurásico perdido

O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descubre a Dino, un dinosauro do Xurásico moi peculiar que mantívose oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.

Ante o asombro de Florentino, Dino revive e o transporta a un mundo fascinante.

Manipulador: Jorge Rey

Galego

Treixadura en concerto

Logo de trinta anos de traxectoria Treixadura continúa a reinventarse e seguir andando camiños musicais, sempre a carón da nosa tradición.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Durante ese tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Galego

Thesaurus

Siglo veintiún 

Queremos facer un Tesau   do corpo

Necesitamosv s para remata o  

Imos facelo de de o corpo

Temos q   decidir cómo mapear un cor o

Anan é  é o sistema opera ivo

Ónde está aloxad  ?

Como se insta a?

Est mos entre a tecn loxía e o art 

Orfeo, help

Non hai cobertura

Elenco: Mónica de Nut, Inma Vilanova e Anxela Blanco

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios