Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Liberto

Liberto foi o espectáculo revelación nos Premios de Teatro María Casares cando logrou acadar o maior número de finalistas na última edición (mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista, actriz secundaria, música orixinal, adaptación e iluminación). Contra todo pronóstico, esta peza que apenas lograra xirar converteuse nun dos espectáculos de referencia da tempada.

Galego

Xira "Inda canto 2019"

Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional desde dúas concepcións: o canto e a gaita.

Durante ese tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Galego

O libro máxico

Esta historia comeza cun libro "Máxico" e Xigante do que saen persoaxes fantáticas que traerán historias para contar, cantar e sorprender.
Espectáculo educativo con grandes dosis de humor e diversión.

 

 

 

 

Galego

Le cirque

Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.

Galego

Pavillón Lino

"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido  Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...

Galego

Resoando no pasado

Resoando no Pasado é uhna colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto-monólogo no que viaxa aopasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento. Este proxecto vio a luz no 2OO6 e dende entón máis de 4OOOO

persoas puideron desfrutar deste concerto. “Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción. Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos”. “Unha forma de achegarse a outras épocas e culturas a través dos instrumentos”

Galego

Fake

Tras anos coincidindo e compartindo experiencias musiales, estes tres grandes músicos deciden iniciar o seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporal, aventura, surrealismo...

Galego

Facendo o indio

Elenco: Jonatan García, Rubén Mira

 

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de:

 “TODO O QUE NON DEBERÍAS DE FACER, SE ERES UN INDIO AMERICANO….”

Un repaso á cultura das  tribus de indios americanos, na que a nosa tribu dos “pesgrandes”, intenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios