Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Falar por falar

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos  de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.

Galego

Familia? Non grazas

Elenco: Pedro Brandariz Gómez

Familia? Non grazas é un espectáculo no que o monologuista, Pedro Brandariz, analiza dunha maneira cómica as relacións familiares que se dan entre as fillas e fillos e as nais e os pais, e tamén coas avoas e avós, as irmáns, os curmáns, a familia de lonxe, a familia de cerca … Todo esto dende un punto de vista humorístico e teatral que provocará as gargalladas do público.

Galego

Euria

Elenco: Fernando Barado,

Nerea Martínez/ Natalia Garcia,

Itziar Fragua/ Ioar Fernández

 

Euria (Choiva) fala do que nos pasa cando algo ou alguén a quen quero xa non está. E de todo ese fastidioso tempo que necesitamos para entender e aceptar que algo cambiou.

Galego

Hemos venido a darlo todo

Elenco: JOSE DIAZ; Hugo Torres e Marta Pazos. HEMOS VENIDO A DARLO TODO é o noso manifesto, o noso manual e o noso pacto coa experiencia escénica desde o brillo de todos os seus elementos: O movemento, a música e as imaxes.

Un compromiso co teatro que sente, máis que co que se pensa, para o que necesitamos todos os watts, todo o talento e toda a imaxinación do mundo. Queremos asinar co aquí e agora, co inesquecible e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio máis que nunha sala de teatro.

 

Galego

Historia de un calcetín

Manipuladores: Manuel Pico e Eva Soriano

Tin e Ton son un par de calcetíns inseparables.

Onde está Tin está Ton e onde está Ton está Tin. Desde pequenos creceron xuntos compartindo risas, aventuras e travesuras.

Un bo día Ton desaparece e Tin debe emprender unha viaxe na súa procura, unha viaxe chea de sorpresas que o levará a recunchos insospeitados.

Calcetíns, sabas, pantalóns, fregonas, escobas, ferros e outros obxectos cotiáns dan vida á nova creación da Canica, a súa proposta teatral máis divertida e desenfadada.

Galego

Idiota

Unha mañá Carlos Varela por fin cre que a súa sorte mudou: un anuncio ofrece moitos cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha atractiva doutora de orixe alemán. Comezan as preguntas, e comeza a comedia... Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando ao protagonista ao igual que atrapa ao espectador nunha tea de araña perversa.

Galego

Involución

Elenco: Alfredo Pérez

De onde vimos? A onde imos? Por qué estamos aquí? Cómo a terra, algo tan insignificante na inmensidade do universo se converteu nun planeta cambiante, enxendrando no seu seno un fenómeno único, a diversidade da vida?

O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

Galego

Karelu

Elenco: Denís Gómez e Santi Cuquejo

Martín, o fillo de Daniel, ten un karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión.

Daniel recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con él  o que sucedeu co seu sobriño; nese momento comeza unha viaxe ao pasado, xurden aspectos da súa vida familiar, de cando eles eran pequenos e cal fora a educación recibida polos seus pais.

KARELU fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios