Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Fantasías coas palabras

Fantasía coas palabras é un espectáculo musical, parello á edición do album-CD do mesmo nome que editou Sonárboré na primavera do 2017. Nel únese a música en directo e a acción teatral no percorrido polas cancións que o compoñen.

As persoas que integran o directo son:

Galego

O paxaro amigo. Músicas para a paz

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola...

Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

“Que todos nun pispás,

compartan cos demais,

dando amor ao redor,

que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”

 

 

Galego

Os Rockenstein

Sinopse: O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock&roll. Pero Rockenstein está triste, sentese só. E de súpeto xorde a gran idea da súa vida: crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock&roll.

Galego

Os fabulosos Cleaners

Sinopse: Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Galego

Historias dun ilusionista

Dicía Eduardo Galeano que estamos feitos de historias. Todo o que hai de certo nesa frase, convértese en verdade neste espectáculo.

Un ilusionista non o é tan só pola maxia que mostra encima dun escenario, senón por todo canto aprende polo camiño que o leva ata el. Historias dun Ilusionista é unha seleccion de xogos que marcaron ao Mago Rafa e que agora él achega ao público.

 

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo. Pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

O conto da Azuzaina

Sinopse: Cando nos din árbore cada un imaxina unha cousa. Imaxinas una palmeira ou un carballo, ou un piñeiro ou un salgueiro. Coas familias acontece o mesmo, cada unha é diferente pero todas son familias. Non existe a familia “normal”. E nesta historia de historias, familia de familias pasa o mesmo; cada historia é distinta, cada estilo é diferente. A orfandade, a adopción, o divorcio, familias homoparentais, numerosas ou monoparentais son a base para o xogo de tres actores usando o circo, a música e a divulgación científica como xeitos de expresión.

 

Galego

Now

Unha paréntese no tempo. Un espazo onde reflexionar sobre as expectativas creadas tempo atrás e sobre o realmente logrado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios