Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lúa

Sinopse: na terra algo acontece. Hai moito ruído, berros e enfados. A lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse, así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo.

Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo da xente adulta cos ollos da infancia.

Dirección: Pepablo Patiño

Galego

Entresoños

Que é EntreSoños?

"Ese soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser, e á vez o medo e a incerteza que me dominan e fanme volver a ese estado de consciencia que me di que non é máis que un soño e que non deixará de ser nunca máis que iso.

Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e onde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xera ao sentila.

Galego

Fantasía dos sentidos

Fani Triana ofrece un espectáculo de maxia no que propón unha viaxe fabulosa a través dos sentidos.

Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participacións dos espectadores, humor e moito máis.

Trátase dun espectáculo cun guión cargado de situacións inesperadas e unha montaña de sorpresas imprevisibles. Un espectáculo para ollar e gozar.

 

Galego

Chapuzas a domicilio

Sinopse: Que pasa cando chamamos a unha empresa de reformas para que nos pinten a casa? Estamos seguros de a quen contratamos? Dous pintores que entre brocha e rodillo dedícanse a facer algo máis que pintar.

Historias divertidas e moita maxia!

 

Galego

Gaia

Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia. Realiza así o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.

Galego

A leituga

Elenco:

María Vázquez
Antonio Durán "Morris"
Federico Pérez
José Barato
Mercedes Castro

Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.  

Galego

Patapatúm 

 Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical.

Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

Galego

Danza da choiva

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

A Danza da Choiva gañou o Premio María Casares 2017 ao Mellor Espectáculo Infantil

Elenco artístico de Elefante Elegante: Gonçalo Guerreiro e María Torres

 

Galego

Peter Pan y Wendy

Todos os nenos crecen, menos un, Peter Pan. A nena Wendy deixa a súa casa e marcha, voando con Peter Pan e Campanilla, ao País de Nunca Xamais, unha illa máxica, cos nenos perdidos, as fadas e as sereas, para vivir fantásticas aventuras na compañía dos indios, pelexando cos piratas e o seu capitán, Garfio. Finalmente, Wendy regresa a casa cos nenos perdidos. Peter Pan volverá, pasados os anos, ao chegar a festa de primavera e, se non se esquece, levará á nena de Wendy ao País de Nunca Xamais. Cando a nena creza, terá unha filla que á súa vez irá ao País de Nunca Xamais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios