Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Este es de aire el otro de agua

Estan alí, entre o resto, pasando case desapercibidos. Misturados entre nos.

Poden ser vistos pola desconfianza que espertan, esa indiferencia coa que transitan ao noso redor.

A súa percepción do que os rodea é diferente.

Na rede,o tempo e o espazo, o día e a noite conviven e coinciden, de xeito que sempre é día e noite ao mesmo tempo.

Neste espazo global, o mundo está ao alcance con só un clic.

Elenco:

Masako Hattori

David Loira

Galego

Bath time

Sinopse: Unha interpretación chaplinesca cun toque dos anos 20.

Mancharse con chocolate pode ser divertido e á hora do baño aínda máis.

Dous amigos, chocolate, unha bañeira e música orixinal son os ingredientes desta posta en escena.

Elenco: Estíbaliz Veiga e Kevin Stewart

Galego

Si pudiera hablar de esto no haría esto

Detrás dos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que son responsables das decisións que perfilan os seus traballos e que se dividen en dúas grandes categorías: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que cuestiona e problematiza a primeira.

O resultado estético e ideolóxico das pezas é unha transcrición do diálogo entre estas dúas formas de pensamento. Neste proceso busca facer máis consciente que nunca este diálogo.

Galego

Resaca

Resaca é un espectáculo multidisciplinar no que o teatro conversación coa performance, a poesía, a narración oral e a música en directo para tratar de recompoñer a historia da vida de Álex, unha persoa común que dalgunha maneira resume e simboliza o sentir dunha xeración que continúa buscando o seu lugar nun mundo que se atopa en proceso constante de transformación e crise.

Galego

Perplexo

Sinopse: Cres que sabes perfectamente quen es? Cres que sabes perfectamente quen son as persoas que están ao teu carón? A túa parella? O teu mellor amigo? A túa nai? Cres que sabes perfectamente o que está sucedendo ao teu redor? Cres que ti manexas a situación? Cres que es ti quen conformas a túa propia realidade? Que sabes perfectamente como é a túa vida? Que o teu fogar é teu e que tes un nome, unha tarxeta de crédito e unha póliza de seguros? Cres que tes certezas? Pero as certezas neste mundo son case unha utopía. 

 

Galego

A filla de Woody Allen

Sinopse: O punto de partida de A filla de Woody Allen é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iorque e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista.

Galego

Goldi libre!

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de persoas novas ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia.

Galego

Rubicundo

Elenco : Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas

Tódalas noites Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da arbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, unha nena mooi curiosa e soñadora disposta a chegar ate o fin daquel misterio…Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir limites nin distancias…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios