Canto das Xacias
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece un concerto deste grupo revelación nacido no 2016 e que, na súa curta traxectoria, alcanzou xa premios tan relevantes como o do Festival de Ortigueira, Runas 2019.
Para este concerto, Dequenvessendo busca a inspiración na auga e na mitoloxía que está relacionada con ela; un dos elementos máis atraentes e á súa vez descoñecidos na antiga Europa atlántica.