Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Riobó

Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.
Cada concerto convírtese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.
No 2015 Riobó presenta o seu segundo traballo "Quiral".

Galego

Fado Minhoto e outras músicas

Maria do Ceo presenta as súas vivencias feitas cancións, o seu Fado Minhoto e outras música. Quere celebrar con este concerto os seus 20 anos na canción e os seus xa once discos editados.

María do Ceo é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, cando canta transmite melancolía, dozura, paixón, tenrura, todos os ingredientes para ser unha boa intérprete de fado, porque realmente ela é: corpo de muller e alma de fado.
Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués a á dozura natural do idioma galego.

Galego

Concerto de Denison Witmer

Denison Witmer, un artista e compositor do xénero indie que é orixinario de Lancaster (Pensylvania). O seu primeiro éxito foi no ano 1995, un traballo subtitulado My Luck, My Love. O álbum máis reciente é Are You A Dreamer?

O estilo de Witmer é calificado como neo-folk. A crítica compara ao músico cos artistas e compositores dos anos 70, incluindo a Cat Stevens e Nick Drake. As súas letras son poéticas e inspiradoras.

Galego

Concerto de Vetiver

Vetiver, un grupo indie folk americano formado polo compositor Andy Cabic en voces; a cellista Alissa Anderson; Otto Hauser na batería; Carmen Biggers ao violín; os guitarristas Kevin Barker e Sanders Trippe, e Brent Dunn no baixo.

Vetiver lanzou o seu álbum debut no ano 2004 baixo un selo independente: DiCristina. Dende o lanzamento do disco, a banda estivo de xira. A crítica especializada define a música de Vetiver como surreal, placenteira, tenra, accesible e cálida.

Galego

Luar na Lubre

No ano 1986 nace Luar na Lubre na cidade da Coruña converténdose, co paso dos anos e o seu teimoso traballo, nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia. 
O traballo que desenvolve a banda está enfocado desde a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego.
O grupo pretende que en Galicia predomine a súa cultura aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.

Galego

Concerto de Raúl Rodríguez

Raúl Rodríguez  músico e antropólogo cultural. Fillo da cantante Martirio, aprendeu a amar a música en casa, na contorna da contracultura sevillana do 70's. Comezou como batería e guitarrista eléctrico de Blues e Rock, formando o seu primeiro grupo, Os Innombrables, en Huelva, entre 1989 e 1992. Formouse como Guitarrista flamenco estudando o Toque de Morón. Licenciouse en músicas populares e, a través das súas viaxes e contactos coas músicas latinoamericanas, realizou a primeira incorporación do Tres Cubano ao Flamenco, ata deseñar un novo instrumento, o Tres Flamenco.

Galego

Concerto de Faltriqueira

O grupo Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, Faltriqueira son un proxecto vocal autónomo que foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en diversas latitudes, non só na súa Galicia natal.
Iniciadas en Orballo, grupo folclórico de Pontedeume, recollen a herdanza tradicional das cantantes pandeireteiras empapándoa da súa mocidade, naturalidade, gusto e achegamento a diferentes estilos musicais próximos e afastados xeograficamente.

Galego

Concerto de Ghaveta

Coinciden na E-Trad (Escola de música tradicional de Vigo), e posteriormente na Orquesta de Música tradicional SonDeSeu onde decidirán consolidarse como fomación: Beatriz Martínez comeza coa arpa céltica da man de Rodrigo Romaní, mestre que a levará a súa adicación total o instrumento con este conxunto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk