Concerto de Radio Cos
Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a música galega naturalmente.
Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. No seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos sacados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país. A banda complétana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.