Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Apalabrando Tangos

Tentan entregar ao público o tango como nunca antes quizais llo contaron e cantaon.
Son de onde veñen, de onde están e cara a onde partirán, pero Arxentina viunos nacer, son Néstor Branco (guitarra), Emilce Rosana (voz) e Daniel Rilo (relatos), coa colaboración de Alejandro Szabo (bandoneón).
Aprenderon de todos para tentar quedar co bo, sen copiar, pero si para render tributo e acrecentar todo o seu acervo cultural e musical.

Galego

Concerto de Toques do Caramulo

Toques do Caramulo é o nome dun dos mellores grupos en vivo do folk portugués. A banda conecta o son áspero e orixinal do centro de Portugal con arranxos contaxiosos, frescos e modernos. Ao facelo, achegan o seu saber facer como músicos renovando cancións parcialmente esquecidas, ás veces ironicamente interpretadas, pero sempre acompañadas dun gran respecto pola orixe e as tradicións do pobo da Serra do Caramulo, describindo a beleza da súa patria nas súas cancións.

Galego

Concerto de Davide Salvado

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

Galego

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

As festas de San Froilan acollen a estes 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 11 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

Nestas festas presentarase The Tambourine Man, o novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo...

Galego

Arrolos de salitre

O cerne do concerto é un disco dos "peixes" e "berrogüettos" Xabier Díaz e Guillerme Fernández chamado Arrolos de salitre, a maior parte tradicionais, do seu propio arquivo e algunhas de autor musicadas por eles mesmos. O obxecto é achegarlles o repertorio a pais e nais e facelos partícipes del. Recuperar a marabillosa tradición de adormecer as e os pequenos cantándolles...

Galego

Concerto de Criatures

Ivó Jordà (gralla que é un tipo de dulzaina de orixe catalán) e Marçal Ramon (acordeón diatónico) forman un dueto intimista, que se interna nuns terreos pouco explorados por estes dous instrumentos. Sen perder de vista as súas orixes e tocando sempre polo terreo tradicional mantendo os seus ritmos e o seu estilo. Realizan un traballo minucioso para achegar estes dous instrumentos tan propios da festa popular a un entorno máis concertístico.

Criatures aparece como o proxecto de aparicións conxuntas dos dous músicos, unha das súas múltiples colaboracións.

Galego

Concerto de Tres Pesos

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.

Galego

Concerto de Mounqup

Mounqup é o proxecto en solitario da cantante autodidacta francesa Camille Hedouin que leva vivindo en Galicia desde fai 3 anos.
Camille empezou a cantar aos 13 anos escoitando ás súas cantantes favoritas, cantou en grupos de estilos moi diferentes (folk, jazz, metal, electrónica,...) ata chegar a Galicia onde empezou a xogar con máquinas de loops e samplers. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk