Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de H2folk

H2folk, é un proxecto musical, afincado na Coruña, e que trae unha proposta musical que actúa de fío conductor entre Galicia e Irlanda, unindo as similitudes musicais destes paises. Aos amantes deste xénero, suponlle unha oportunidade especial para disfrutar deste xénero nun formato que se fai máis cercano e que se alonxa das grandes aglomeracións propias dos festivais, non sufrindo, en ningún momento, unha merma da potencia e enerxía que estos sons proxectan nos oíntes.

Galego

Concerto dos Porcoteixos

Os Porcoteixos é un trÍo de música tradicional, facendo un percorrido polo repertorio dos países celtas como Irlanda, Escocia, Bretaña, e Galiza. Formado por Chick McAuley(Guitarra, Escocia), Roi Vazquez (Frautas, Gaita) e Jordi do Demo (percusións, Galiza).

Galego

Concerto de Malevaje

Malevaje naceu á sombra dun local madrileño onde Antonio Bartrina, alma carismática do grupo, entoaba melodías tangueras con estraña paixón. Na súa dilatada traxectoria, con 12 discos no mercado, o grupo defendeu a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións en busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre pero sen esquecer nunca o respecto absoluto ás raíces do xénero.
Voz: Antonio Bartrina
Bandoneón: Ariel Hernández
Contrabaixo: Fernando Gilabert 
Guitarra: Sacri Delfino
Baile: Marcelo con Alicia Gonzal

Galego

Concerto do Grupo A Roda

O grupo A Roda nace como tal en 1977, pois xa houbo intentos anteriores. A Roda é un grupo de amigos, coñecidos, espontáneos, dun "eu pasaba por alí", que se reunían a cantar arredor dunha mesa redonda, metonimia da roda, e metáfora do que anos atrás, moitos anos atrás inventou o Rei Artur e os seus cabaleiros.
A taberna como xermolo primixenio, un lar con lume de gorxas férvidas, véxase a tasca da Viúva, a taberna do Eligio, e moitas outras pola zona de Vigo, era costume tomar unhas tazas, e cantar baixo os efectos narcóticos do líquido elemento.

Galego

Concerto de Roi Casal

Roi Casal, músico, compositor e cantante de gran virtuosismo, realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea. O artista está considerado unha das principais referencias fóra do país da  música galega actual.
Entre os anos 2000 e 2009, Casal, formou parte de Milladoiro. Tras unha década coa formación de maior proxección internacional da música galega.

Presentando o seu último traballo Donos do noso destino.

Galego

Concerto de A Banda da Balbina

Alá polo maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e televisión galegas, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio dalgunha orquestra galega. Un ano máis tarde crean O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. 

Galego

Concerto de Uxía

Uxía ten unha voz fermosa e serea que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosar unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.
Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da lingua galega. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk