Son galego, son cubano
O espectáculo busca homenaxear os emigrantes que desde Cuba axudaron a conformar a identidade galega e faino dándolle protagonismo aos poemas do escritor cruceño Xosé Neira Vilas, musicados e interpretados por Roi Casal. A través da musica, Casal recórdanos a importante presenza de galegos en Cuba, en cuxa capital naceron varios dos símbolos da identidade galega como o himno, a bandeira e a Real Academia.