O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.
A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias.
Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.