Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

De Botóns

Pedro Pascual y Carlos Quintá levan a cabo un concerto no que interpretan pezas recollidas e arranxadas  dentro do cancioneiro DE BOTÓNS, un proxecto editorial ambicioso no  que adaptan máis de cen cancióis do repertorio popular galego para acordeón diatónico.

Galego

Comando Curuxás en concerto

Despois de innumerábeis intervencións na comarca da Ulloa, Comando Curuxás sae do seu refuxio e amplía radio de acción a todo o país. Armados con repertorio vocal e instrumental pensado para o baile da Terra, están dispostos a asaltar calquera torreiro e a manter viva a chama da resistencia musical.  Iniciaron xa o proceso de recrutamento de forzas aliadas e ameazan con facer correr ríos de muiñeira.

Galego

Ancestros en concerto

Un espectáculo diferente, innovador e creativo froito de unir a música celta, a cultura e mitoloxía galega e os antepasados históricos con influxos nórdicos, fusións étnicas e tradicionais.

A posta en escena é unha viaxe de retorno ás nosas herdanzas culturais, pasando por poboadores castrenses, celtas, romanos, suevos, e incluso polas tribus indíxenas.

A simbiose da música, a representación escénica e a iluminación forman un conxuro máxico que envolve ó público durante 80 minutos

Galego

Concerto de 2nafronteira

Este concerto propón  a recuperación do harmonio de igrexa como instrumento concertístico. Se hai un harmonio en estado como para ser empregado, o grupo habitualmente realiza polo menos 2 cancións co harmonio da igrexa. Ademáis, o harmonio portátil, ó lado da nickelharpa e a percusión, acompañando a voz. crean un concerto máxico e particular. Ó final do concerto os músicos adoitan a conversar co público que se queira achegar a coñecer estes instrumentos.

Galego

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.

O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…

Galego

Bouba en concerto

No ano 2007, na Pontraga, xorde Bouba, un grupo de mozas dispostas a tomar o legado que lle ofrecían os máis vellos cantadores e bailadores da zona, converténdose nas herdeiras e transmisoras da cultura do país e da festa ben feita.

Bouba non é soamente un grupo de música tradicional, somos moito máis e Vinculeiras é un paseo pola xeografía Galega e os seus cantos e toques máis auténticos.

As Bouba ben encaixamos en calquera tipo de festa ou encontro, romaría de campo ou evento de pitiminí, aquí ou alá e incluso no estranxeiro.

Galego

Pepe Vaamonde Trío

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Galego

Pepe Vaamonde Grupo

Tras dezaioto anos de existencia a banda Pepe Vaamonde Grupo quere festexar a súa maioría de idade ofrecendo un espectáculo en directo para esta tempada, composto polos mellores temas dos seus catro traballos discográficos.

Cancións tradicionais e pezas instrumentais de composición propia que superaron o filtro do público ao longo de todos estes anos.

Galego

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.

O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk