Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Tátara Trío

Tátara trío é unha banda de música tradicional e folk. Tras un periodo de parón, volven aos palcos os compoñentes de Tátara Trío que están tamén noutros proxectos musicais: 

PABLO DÍAZ CARRO: Gaita, clarinete, percusión e voz. Na actualidade dedícase maioritariamente á musica infantil co seu proxecto propio, e é o director musical da Asociación Cultural Donaire

ALEJANDRO FENTE: Acordeón. Forma parte de bandas tan prestixiosas como Tiruleque ou Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc, ou colaboracións con varias compañías de teatro.

Galego

Tanxugueiras en concerto

O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.

A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias. 

Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.

Galego

Cantares da terra

Mallou é un dúo formado por Sabela King e Benjamín Vázquez. O seu repertorio compren dedende  al gunhas das grandes cancións  populares da nosa música, ata composicións de colleita propia.

Mallou reinterpreta cancións de Suso Vaamonde,AmacioPrada,Xoán Montes Capón, e de FranPerez  "Narf",  entre outros.

Galego

Alma na Terra

Alma da Terra é un espectáculo que se basea nun concerto cun claro obxectivo, dinamizar a lingua e cultura galegas, mediante a interpretación de versións de cancións populares, temas propios e poemas musicados.

Cunha posta en escena de 9 instrumentistas interpretando diferentes instrumentos musicais e un vocalista, farase un repaso por aquelas letras e melodías que deixaron pegada na historia recente da música galega, sempre na busca de transmitir todo tipo de sensacións e emocións aos oíntes.

Galego

Acordeireta en concerto

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Galego

3 Pesos en concerto

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos.

Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.

Galego

Uxia en concerto

Uxía, unha das maiores embaixadoras da música galega, presenta clásicos do seu repertorio arranxados especialmente para o formato trío, acompañada polo acordeonista João Gentil e o percusionista Quiné, dous dos mellores músicos da Península.

Galego

Dende o meu balcón

A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición, son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana Seivane que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk