Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Canta miña pedra, canta

Canta miña pedra, canta é o traballo polo que Xoán Curiel é Finalista (Mellor Artista) nos PREMIOS OPINIÓN DA MÚSICA DE RAÍZ 2020. (*Ainda por fallar en Novembro do 2020)

Xoán Curiel elabora unha proposta musical tradicional en torno ás cantigas populares en gran medida recollidas por Antonio Fraguas e musicadas e actualizadas por Xoán Curiel conservando o espíritu do folk tradicional e universal.

Rodéase neste disco de músicos recoñecidos da música tradicional como:

- Carlos Freire (Percusións tradicionais e batería)

- Jara Ortiz (Pandeireta e voz)

Galego

Oradaladou

Oradaladou somos Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz), e Carlos Quintá (violín e voz).

Construímos neste proxecto artístico o noso universo sonoro conforme entendemos na actualidade e nas nosas vidas a fermosa literatura de tradición oral recollida por Antonio Fraguas no cantigueiro.

Galego

Músicas de Domingo Sinfónico

MÚSICAS DE DOMINGO
FORMATO SINFÓNICO COA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA
SÁBADO 15 DE AGOSTO
21:00 H PRAZA DO CONVENTO
MELIDE

Un concerto espectacular no que os máis 80 músicos e músicas da Banda de Música Municipal de Valga, baixo a batuta de Manuel Villar, se poñen ao servizo da música tradicional, canción de autor e música popular de Nelson Quinteiro creando unha experiencia sinfónica con moitísima forza e ofrecendo momentos máxicos e conmovedores.

Galego

Na palma da man

Pesdelán volve a sorpréndenos cun novo espectáculo: Na Palma da Man.

Tras o éxito de "Na Punta do Pé", o redor do baile de Galicia e Portugal, e "Entroidanzas", cunha escolma de bailes de Entroido do mundo, Pesdelán quere agasallarnos nesta nova proposta, cos bailes e danzas máis divertidos da Península Ibérica. Pai Paulino (Galicia), Galandún (Portugal) o Txulalai (País Vasco) son algúns dos nomes dos bailes que conforman este espectáculo, que como non podía ser doutro xeito, vai dirixido ao público familiar.

Galego

Caldo en concerto

CALDO son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.

Creado con agarimo, CALDO resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

Galego

Os d´Abaixo en concerto

A banda folk Os d'Abaixo, formada no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca, entre outros, celebra neste 2020 o seu 10º aniversario. Nesta xira presentan novo repertorio, adianto do que será o seu vindeiro disco, pero tamén farán un percorrido polas músicas coas que levamos desfrutando estes dez anos.

Galego

Carlos Núñez en concerto

A xa tradicional Xira Lugares Máxicos de Carlos Núñez, que percorre lugares emblemáticos de Galicia cada verán facendo concertos inesquecibles para aforos reducidos, poñendo en valor o noso patrimonio musical, arquitectónico e natural, celebrará os 25 anos do seu primeiro disco, A Irmandade das Estrelas!
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk